Conforme ao disposto no Real Decreto 822/2021 do 28 de setembro, a avaliación institucional dos centros é a peza esencial da engranaxe de afianzamento da calidade, constituíndo a acreditación institucional o recoñecemento da capacidade do centro para garantir a calidade académica. Polo tanto, a acreditación dos títulos impartidos nos centros que teñan obtido a acreditación institucional mediante o procedemento establecido no artigo 14 do Real Decreto 640/2021 renovarase mentras se manteña a acreditación institucional. A renovación da acreditación institucional realizarase antes do transcurso dos seis anos contados a partir da última acreditación. O seguimento dos títulos efectuarase de acordo co artigo 14 do Real Decreto 640/2021.
A acreditación dos títulos oficiais de doutoramento impartidos en centros non acreditados institucionalmente deberá renovarse no prazo máximo de seis anos, dende a data de inicio do programa de doutoramento ou da renovación da acreditación anterior. O proceso de avaliación realizarase de acordo co procedemento e cos prazos que a comunidade autónoma de Galicia estableza.
Transcorridos tres anos despois da implantación efectiva ou renovación da acreditación será preceptiva a elaboración do informe de seguimento.
O proceso de renovación da acreditación poderá levar consigo unha implantación de accións de mellora, que poderían tamén ser obxecto dunha solicitude de modificación do título se así o determina a escola de doutoramento.
Seguimento de títulos
Os propósitos principais deste programa, conforme ao disposto no Real Decreto 822/2021, coas recomendacións da REACU e cos protocolos das axencias de calidade, son:
- Avaliar o desenvolvemento e a implantación do proxecto formativo recollido na memoria de verificación, detectar e promover propostas de mellora.
- Preparar a titulación para o posterior proceso de renovación da súa acreditación.
O seguimento aplícase a todas as titulacións oficiais implantadas. Transcorridos tres anos despois da implantación efectiva ou renovación da acreditación será preceptiva a elaboración do informe de seguimento.
Máis información:
Acreditación de títulos
A acreditación consiste na avaliación da calidade dunha titulación conforme ao disposto no Real Decreto 822/2021 e os protocolos das axencias de calidade aliñados cos Criterios e Estándares de Calidade Europeos (ESG).
A acreditación dos títulos oficiais de doutoramento impartidos en centros non acreditados institucionalmente deberá renovarse no prazo máximo de seis anos, dende a data de inicio do programa de doutoramento ou da renovación da acreditación anterior. O proceso de avaliación realizarase de acordo co procedemento e cos prazos que a comunidade autónoma de Galicia estableza. En todo caso, incluirá unha visita de expertos externos á Universidade.
O proceso de renovación da acreditación poderá levar consigo unha implantación de accións de mellora, que poderían tamén ser obxecto dunha solicitude de modificación do título se así o determina a escola de doutoramento.
O proceso culmina o ciclo de vida dunha titulación e supón, no caso de ser favorable, a renovación da autorización para continuar impartindo a titulación.
Máis información: