Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

As teses de doutoramento defendidas na Universidade de Vigo que teñan acadado a cualificación de sobresaínte cum laude poderán ser obxecto da mención especial de premio extraordinario de doutoramento

A universidade establecerá anualmente o número de premios extraordinarios que concederá e os prazos e procedemento da súa convocatoria. Na devandita convocatoria incluirase a relación de criterios específicos que se aplicarán na selección das teses no relativo á concesión da mención do premio extraordinario.

O reitor ou reitora nomeará anualmente os tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión que se enviará á Comisión Permanente da EIDO para valorala e remitila á Secretaría Xeral para a súa aprobación polo Consello de Goberno.

Os douctores/as aos que se lles concede o premio extraordinario de doutoramento terán exención de prezos públicos pola expedición de títulos e contarán co recoñecemento documental que a universidade estableza.

A convocatoria correspondente ao curso académico 2025/2026 aprobouse na sesión do Comité de Dirección do 28 de maio de 2026.

En cumprimento do disposto no artigo 46 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría publicará a convocatoria dos Premios Extraordinarios de Doutoramento para as teses lídas nesta Universidade durante o curso 2025/2026, que acadaran a cualificación de Sobresaínte cum laude, abranguendo o período comprendido entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de xullo de 2026.

O prazo de solicitudes será do 14 ao 25 de setembro de 2026.

Consulta a convocatoria

Actas co informe de puntuacións dos tribunais

Consulta as actas

Concesión definitiva dos premios extraordinarios de doutoramento 2025/2026

Consulta na sede