Recursos
A EIDO dispón dos recursos institucionais materiais e virtuais da Universidade de Vigo de forma centralizada, nas dependencias institucionais dos tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo), e descentralizada, tanto nas facultades e escolas como nas estruturas de investigación (centros e institutos de investigación, centros de soporte).
Entre os recursos centralizados pódense destacar:
- Infraestrutura dixital e de conectividade: Identificador persoal, correo, wifi / conectividade en campus, servizos de arquivo/disco privado virtual, aloxamento web, servizo DNS, servizos audiovisuais, videoconferencia tradicional e masiva (AccessGrid) e multimedia, UVigo-TV…
- Plataformas de teledocencia: MOOVI, Campus Remoto.
- Recursos de comunicación e divulgación xenéricos: UVigo-TV, reservas de espazos institucionais, redes sociais...
- Biblioteca Universitaria: Ofrece un amplo conxunto de recursos de información, espazos e servizos para dar soporte ás actividades de aprendizaxe, docencia e investigación.
- Recursos financeiros: Bolsas e axudas, así como posibilidades de financiamento (contratos) da carreira investigadora e soporte á mobilidade.
- Recursos ligados á produción científica (Portal da investigación), á transferencia de coñecemento (Oficina de I+D) e á difusión da investigación.
- Recursos formativos e de desenvolvemento profesional: Recursos lingüísticos, supervisión e mentoría, formación continua.