Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Escola de Doutoramento da Universidade de Vigo (EIDO) asume a organización, planificación, xestión, supervisión e seguimento da oferta global de actividades propias do doutoramento na Universidade de Vigo, ademais de poder xestionar actividades abertas de formación en investigación. A EIDO elabora, divulga e revisa a súa estratexia, que integra a política e os obxectivos de calidade, así como as metas e indicadores de medición.

A EIDO conta cunha ampla experiencia na formación de doutoras e doutores, fomentando a realización de teses de calidade. Concíbese como unha escola inter e multidisciplinar que xestiona, mediante programas de doutoramento, os proxectos formativos de doutoramento da Universidade de Vigo en todos os ámbitos de coñecemento, procurando a máxima transversalidade e contribuíndo á internacionalización na formación das persoas investigadoras.

A creación da EIDO fíxose efectiva coa publicación do Decreto 95/2013, do 13 de xuño, polo que se crean as escolas de doutoramento nas universidades do sistema universitario de Galicia (DOG do 26 de xuño de 2013). Con posterioridade, notificóuselle a creación da devandita escola ao Ministerio de Educación a través de Dirección Xeral de Política Universitaria para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) co código 36020684. Os obxectivos, a natureza, os fins, os recursos e a estrutura organizativa e de responsabilidades dos órganos da EIDO están descritos no seu Regulamento de Rexime Interno, aprobado polo Consello de Goberno da Universidade o 14 de outubro de 2014.

Todos os programas de doutoramento que dispoñan dun informe favorable de verificación por parte do Consello de Universidades e dunha autorización por parte da Xunta de Galicia intégranse na EIDO, quen organiza a oferta formativa definindo a súa propia estratexia en materia de formación de doutoramento. Por outra banda, a EIDO e os programas de doutoramento planifican a oferta das actividades destinadas á formación transversal e específica de doutorandos e doutorandas, proporcionándolles asesoramento sobre todos aqueles aspectos necesarios para a súa integración plena nos programas de doutoramento. A finalidade da EIDO é desenvolver un modelo de formación de doutoramento flexible, interdisciplinario e de calidade, orientado a potenciar as liñas de investigación de maior interese e proxección da universidade.

Estratexia da EIDO 2022-2026

 

Estratexia da EIDO 2022-2026

 

Misión

  • A Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) da Universidade de Vigo é un centro de educación superior universitaria que ten o propósito de organizar, dentro do seu ámbito de xestión, as ensinanzas e as actividades propias do doutoramento, chamadas a representar un papel esencial no modelo de formación de doutoramento con base na universidade, pero impulsando a colaboración con outros organismos, entidades e institucións implicadas na I+D+i tanto nacional como internacional.
  • En coherencia co Plan Estratéxico da UVigo, persegue este reto mediante unha ensinanza e unha investigación de calidade coas que contribuír á creación e á transferencia de coñecemento ao tecido socioeconómico e empresarial, á formación integral das persoas, ao desenvolvemento, á innovación e ao crecemento intelectual da sociedade en xeral e a galega en particular, pluricultural e plurilingüe na que se insire.

Novas tendencias

  • Integración laboral dos estudantes de doutoramento como investigadores que lideren a produción de coñecemento e innovación
  • Difusión das actividades de doutoramento
  • Implicación da oferta de estudos de doutoramento na Axenda 2030 e nos ODS
  • Satisfacción coa atención inclusiva ou vulnerabilidade

 

Visión

  • Posicionar a EIDO como un centro de formación de referencia na nosa contorna, na eurorrexión e con proxección internacional, a través dunha formación integral dos seus egresados e egresadas que contribúa a mellorar a vida das persoas e da súa contorna socioeconómica

 

Política de Calidade

  • Desenvolver un modelo de goberno transparente e participativo, baseado nun comportamento ético e con especial atención ás singularidades e á responsabilidade social e sostibilidade.
  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas da sociedade en xeral e galega en particular, sostible e con altos niveis de calidade nos seus programas, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, no espírito crítico e na capacidade de análise e de reflexión.
  • Alcanzar o recoñecemento, o posicionamento e a visibilidade nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nacionais e internacionais mediante a excelencia na formación, así como na investigación e na transferencia de coñecemento e, ao mesmo tempo, fomentando a sustentabilidade e a Axenda 2030 na investigación.
  • Captar estudantado con talento, impulsar a internacionalización e a multiculturalidade.
  • Consolidar unha cultura da calidade, da igualdade e da sostibilidade centrada na satisfacción integral do estudantado e do persoal, a través dunha xestión eficaz e da consideración de estándares de calidade e de sostibilidade, en particular, dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados polas Nacións Unidas.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora como norma de conduta, e propoñer e desenvolver as accións necesarias para o mantemento e a mellora da calidade.

 

Obxectivos de Calidade 2022-2026

  • Obter a acreditación institucional da EIDO.
  • Mellorar a satisfacción do alumnado e dos restantes axentes implicados na formación de doutoramento, xerando un marco de confianza e de seguridade que facilite o progreso do alumnado, que evite o abandono, que mellore os seus resultados académicos, con atención inclusiva e ás vulnerabilidades e que o sitúe nunha posición de vantaxe competitiva ante a súa inserción no ámbito laboral ou de investigación para liderar a produción de coñecemento e innovación.
  • Afianzar a internacionalización e multiculturalidade dos programas mediante a colaboración con universidades e con outras institucións de educación superior e a captación dos estudantes con máis talento facilitando a captación de estudantado internacional.
  • Mellorar a formación do persoal na calidade en doutoramento.
  • Implicación e difusión da oferta de estudos de doutoramento e das súas actividades, especialmente no relacionado coa Axenda 2030 e cos ODS.
  • Co fin de posicionar á Universidade de Vigo como unha institución de investigación de referencia na nosa contorna, na rexión e na Eurorrexión, promoverase que o persoal investigador en formación desenvolva unha actividade investigadora de calidade en aberto para aumentar a visibilidade no ámbito internacional da actividade investigadora e da transferencia de resultados.