Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Comisión de Calidade da EIDO é o órgano colexiado responsable do desenvolvemento dos programas de calidade na escola.

Composición

  • A dirección da EIDO, que a preside: Antonio Collazo Fernández
  • O coordinador de calidade/secretario académico da EIDO, que actúa como secretario: Ignacio Pérez Juste
  • Responsables de calidade dos programas de doutoramento por cada ámbito recoñecido no RRI da EIDO:
    • Artes e Humanidades: Antonia Blanco Pesqueira
    • Ciencias: Pedro Pablo Gallego  Veigas
    • Ciencias Sociais e Xurídicas: Ángeles Parrilla Latas
    • Enxeñaría e Arquitectura: Asunción Longo González
    • Campus do Mar: Marta Conde Sieira
  • O xefe do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao, ou persoa en quen delegue: José Luís Gómez Reboiro
  • Unha persoa representante do estudantado de doutoramento: Jonathan Castaño Serna
  • A dirección da Área de Calidade ou a persoa en quen delegue: Raquel Gandón Chapela
  • O técnico superior de Calidade: José Miguel Dorribo Rivera

Participarán tamén nas sesións, en calidade de persoas invitadas, con voz pero sen voto:

- Un/Unha representante do estudantado egresado.
- Un/Unha representante das entidades colaboradoras representadas no comité de dirección da Eido.

Funcións

  • Informar a estratexia da EIDO e a súa revisión, cando proceda, así como o seu seguimento.
  • Debater e validar, se procede, o manual de calidade e os procedementos de calidade da Eido. En particular, aprobar as modificacións dos seus anexos (formularios, guías...) cando evolucionen de xeito independente aos procedementos.
  • Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade e da sostibilidade da EIDO e dous seus programas de doutoramento adscritos, así como propoñer as melloras pertinentes.
  • Colaborar coa implantación, co desenvolvemento e co seguimento dos programas de calidade e sostibilidade.
  • Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da formación doutoral en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.
  • Participar activamente en todos os procesos académicos relativos á oferta formativa da EIDO (verificación de novos programas; modificación, suspensión ou extinción dos existentes; procesos de acreditación), e emitir a súa valoración e de acordo coa normativa vixente.
  • Intercambiar, debater e propoñer a participación da Eido en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade e sostibilidade.

 

Actas e acordos

Consulta as actas e os acordos da Comisión de Calidade da EIDO:

Ver las actas

Transparencia

Consulta o Portal de Transparencia da UVigo:

Portal de Transparencia

 

Organización institucional de calidade

Calidade | Universidade de Vigo