O Sistema de Garantía de Calidade da EIDO
O Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, establece a necesidade de mecanismos para xestionar o desenvolvemento e os resultados dos programas de doutoramento mediante un sistema de garantía de calidade.
Este sistema incorpora os estándares europeos de calidade na educación superior e oriéntase tamén cara aos estándares europeos de investigación.
O sistema de garantía de calidade (SGC) de doutoramento da Universidade de Vigo é un sistema centralizado e institucional, dirixido pola EIDO, ao que están adscritos todos os programas de doutoramento da universidade, así como os servizos asociados.
O deseño do SGC desenvolveuse, formalmente, ao longo dos anos 2017 e 2018, seguindo as directrices do Programa FIDES-AUDIT (ACSUG). Durante este período analizáronse e déuselle forma aos procesos de funcionamento ligados ao ciclo de doutoramento que responden ás ditas directrices.
ACSUG remitiu o Informe de certificación do deseño do SGC o 30/07/2019 con resultado favorable. A EIDO convertíase deste xeito na primeira escola de doutoramento do SUG en acadar unha certificación de calidade.
Finalmente, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo ratificou este modelo coa súa aprobación na súa sesión do 27/02/2020.
Política e obxectivos de calidade
A política e os obxectivos de calidade da EIDO derivan da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o do seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.
Estratexia da EIDO 2022-2026
Estratexia da EIDO 2022-2026 Plan estratéxico UVigo 2022-2026
Manual de calidade
É o documento principal do Sistema de Garantía de Calidade (en diante SGC), no cal se expón a política e os obxectivos de calidade, así como o seu alcance, e a estrutura organizativa e de responsabilidades en materia de calidade.
Ademais, precisa os procesos de funcionamento do SGC (e os procedementos que os describen).
Contén varios anexos, que poden evolucionar (actualizarse), de xeito independente ao manual.
Procedementos de calidade
Os procedementos describen os procesos de funcionamento do SGC, isto é, as actividades desenvoltas e as súas responsabilidades. Desenvolven e complementan o manual de calidade e poden incluír documentos anexos.
Incorporan referencias aos resultados e indicadores dos procesos que permiten analizar os datos para tomar as decisións oportunas.
O seu modo de xestión descríbese en detalle no procedemento «XD-01: control dos documentos».
Dirección Estratéxica (DE)
● Ficha de proceso: Dirección EstratéxicaAvaliación e Mellora (MC)
● Ficha de proceso: Avaliación e MelloraXestión dos Programas de Doutoramento (XP)
● Ficha de proceso: Xestión dos Programas de DoutoramentoFormación dos/as investigadores/as (FI)
● Ficha de proceso: Formación dos/as investigadores/asXestión Académica (AC)
● Ficha de proceso: Xestión AcadémicaPromoción e Captación (PC)
● Ficha de proceso: Promoción e CaptaciónXestión da Documentación (XD)
● Ficha de proceso: Xestión da DocumentaciónXestión das Persoas (PE)
● Ficha de proceso: Xestión das PersoasXestión da Infraestrutura (IA)
● Ficha de proceso: Xestión da Infraestrutura
Rexistros
A continuación amosamos os rexistros publicados na páxina web da EIDO. Todos os demais son custodiados nos diferentes repositorios ou aplicativos institucionais.
| Código | Descrición |
|---|---|
| R1 DE-02 (EPD13 ACSUG) |
Informes de avaliación/implantación do deseño do SGC |
| R2 DE-02 (EPD17 ACSUG) |
Memoria de Calidade da EIDO 2019/2020 | 2020/2021 | 2021-2023 | 2023-2024 |



