Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Os programas de calidade permiten orientar e organizar as actividades sobre calidade para un período de tempo determinado e dirixilas a un ámbito e a un propósito específico. O ciclo de doutoramento adopta tanto estándares de formación (programas SGC, Seguimento e Acreditación de Títulos, Medición de Satisfacción) como de investigación (programa HR Excelencia na Investigación). Ademais, incorpora tamén programas transversais de xestión (programa de QSP).

 

 

Programas orientados á avaliación de ensinanzas universitarias (Programas de Doutoramento)

Baseados na lexislación española, nos estándares europeos de educación superior (ESG/ENQA 2015) e nos protocolos das axencias de calidade nacionais.

Ciclo VSMA: Verificación, Seguimento, Modificación e renovación da Acreditación.

Os programas de doutoramento conxuntos internacionais poden empregar o Enfoque Europeo de Garantía de Calidade.

Programas orientados á avaliación de centros e institucións

Programa Fides-Audit: Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da EIDO

Programa HR Excelencia en investigación (HR Excellence in Research)
Programas transversais

Sistema de Queixas, Suxestións e Parabéns (QSP)

Programas de sostibilidade

Os estándares de desenvolvemento sostible están a integrarse, progresivamente, no funcionamento da EIDO e dos seus programas de doutoramento, conforme a estratexia institucional e a Estratexia da EIDO.

Outros programas

A Universidade de Vigo conta coa implantación, certificación e/ou acreditación doutros programas ou estándares institucionais (calidade, prevención de riscos laborais...), nos centros e institutos de investigación e nas facultades e escolas que contribúen a garantir e mellorar as capacidades e recursos da EIDO e dos seus programas de doutoramento (ex.: infraestruturas e servizos, persoal).

Os seus resultados e as certificacións e acreditacións acadadas contribúen ao prestixio da universidade e á súa reputación e impacto.

Programas de calidade UVigo