Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Iniciativa da Comisión Europea para implantar os estándares europeos de investigación na fase predoutoral e no resto da carreira investigadora

HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers) Estratexia de Recursos Humanos para o Persoal Investigador

Selo HRS4R

En 2017 a Universidade de Vigo foi recoñecida pola Comisión Europea (CE) coa acreditación HR Excellence in Research Award e tamén co Selo de Excelencia.

HR Excellence in Research representa o noso compromiso para mellorar continuamente e facer progresos aliñando as nosas estratexias e políticas de recursos humanos cos 40 principios da Carta Europea para o persoal investigador e do Código de Conduta para a contratación de persoal investigador (a Carta e o Código).

A Carta e o Código (C&C) reúnen un conxunto de principios e exixencias xerais para o persoal investigador e tamén para as entidades empregadoras e/ou financiadoras. A súa implantación por parte das institucións de investigación vólveas máis atractivas para o persoal que busca unha nova entidade empregadora ou para un anfitrión para o seu proxecto de investigación.

programa HRS4R da CE apoia as institucións de investigación e as organizacións financiadoras na aplicación da Carta e o Código nas súas políticas e prácticas, co obxectivo de contribuír á consolidación dun Espazo Europeo de Investigación (ERA, European Research Area) unificado e aberto ao mundo, baseado nun mercado interior no que persoal investigador, coñecemento científico e tecnoloxía circulen libremente.

 

Selo de Excelencia é un prestixioso respaldo deseñado para apoiar a destacados solicitantes das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA) cuxas propostas mostran un potencial excepcional pero que non poden ser financiadas co presuposto actual da CE.

MSCA Selo de Excelencia

Máis información