Composición
Antonio Collazo Fernández
Director
Ignacio Pérez Juste
Subdirector
Juan Pablo Hervés Beloso
Secretario académico
Funcións
As funcións da dirección da EIDO son:
- Liderar, impulsar, dirixir, coordinar e supervisar as actividades da EIDO
- Representar a EIDO ante os órganos de goberno da Universidade da Vigo e en cantas instancias sexa necesario
- Velar polo cumprimento dos obxectivos e polas funcións da EIDO
- Presidir o comité de dirección e a comisión permanente da EIDO, así como executar os seus acordos
- Propoñerlle ao reitor ou reitora o nomeamento da secretaría da EIDO
- Suxerirlle ao reitor ou reitora o nomeamento dos coordinadores e coordinadoras dos programas de doutoramento por proposta das comisións académicas dos programas de doutoramento
- Informar ao comité de dirección da EIDO da UVigo das xestións realizadas no desempeño do seu cargo