Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información xeral

Modalidade: Presencial

Área de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura

Duración: 4 anos académicos

Número de prazas: 8 (UVigo)

Campus: Campus de Vigo

Coordinación

Coordinación do título:
Henrique Lorenzo Cimadevila

Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento

Información administrativa:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Implantación

Código RUCT: 5600984

Data de verificación: 21/02/2014

Data de publicación no DOG: 05/12/2013

Data de publicación no BOE: 11/03/2014

Data de acreditación: 16/11/2021

Programa interuniversitario

Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo

Universidades participantes:
Universidad de Salamanca | Universidade de Vigo

 

Descrición

Este Programa de Doutoramento interuniversitario entre as Universidades de Vigo e Salamanca contribúe a encher un espazo baleiro ata o momento no ámbito das Xeotecnoloxías aplicadas a sectores crave como son a industria, a enerxía e a construción.

As Xeotecnoloxías abarcan diferentes ámbitos de coñecemento dunha forma transversal, de forma que poden constituírse en compoñentes clave para a súa mellora tecnolóxica e competitividade no mercado. Actividades como a obtención de cartografía, os sistemas de posicionamento, a verificación cuantitativa e cualitativa na execución e mantemento de obras e edificacións, ou o control dimensional en diferentes campos da industria ou relacionados coa enerxía son actividades de gran importancia económica nas cales este ámbito de coñecemento está chamado a contribuír á súa mellora.

Liñas de investigación

  • Cámaras RGB: caracterización e calibración
  • Cámaras termográficas: caracterización e calibración
  • Láser escáner terrestre (TLS)
  • Sistemas láser móbil (MLS)
  • Sistemas inerciais de posicionamiento: odómetros, acelerómetros e giróscopos
  • Caracterización estrutural xeométrica e mecánica. Análise estrutural
  • Sistemas radar de subsuelo: GPR
  • Integración de técnicas no destrutivas(xeofísica, xeoquímica, e termografía) en enxeñaría civil e medioambiental. Actualización, optimización e normalización das distintas aplicacións
  • Procesado de imaxe e visión por computador
  • Vehículos aéreos non tripulados(UAV)
  • Sistemas de información xeográfica
  • Teledetección
  • Biomasa e enerxía
  • Prevención de riscos
  • Fotogrametría UAV e láser escáner aplicadas a enxeñaría e arquitectura
  • Da nube de puntos aos modelos CAD: infraestructuras críticas
  • Modelado urbano mediante LIDAR
  • Infografía forense
  • Desenvolvemento e aplicación de técnicas matemáticas en detección e extinción de incendios
  • Modelización matemática
  • Laser Remote Sensing
  • Computer Visión techniques in remote Sensing
  • Earth Observation, Energy Balance, Radiative Transfer
  • Sensores e plataformas
  • Análise estrutural e NDT
  • Teledetección e SIG
  • Biomasa, enerxía e medio ambiente
  • Xeointelixencia computacional

 

Memoria oficial Páxina web Accede ao programa Matriculate no programa     Indicadores UVigo