Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información xeral

Modalidade: Presencial

Área de coñecemento: Ciencias

Duración: 4 anos académicos

Número de prazas: 30 (UVigo)

Campus: Campus de Vigo

Coordinación

Coordinación do título:
Ana María Bernabéu Tello

Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento

Información administrativa:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Implantación

Código RUCT: 5601371

Data de verificación: 18/04/2018

Data de publicación no DOG: 29/06/2018

Data de publicación no BOE: 07/09/2018

Data de acreditación: 12/12/2024

 

Descrición

O programa de Doutoramento “Marine Science, Technology and Management” (DOMAR) é un programa que nace dentro do CEI Campus do Mar. É un programa de doutoramento internacional e transfronteirizo que ofertan as universidades integrantes do Campus do Mar: en Galicia (España) as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e no norte de Portugal as universidades de Aveiro, Minho, Trás os Montes e Alto Douro e Porto.

A misión deste programa de doutoramento DOMAR é formar aos mellores profesionais e investigadores no ámbito das Ciencias, Tecnoloxías e Xestión do Mar nas súas diferentes aplicacións científicas, técnicas, económicas e sociais, que xere investigación de calidade e impacto internacional e que proporcione á industria as mellores ferramentas para mellorar a súa competitividade a escala global.

Liñas de investigación

  • Interacción de los clusters atómicos cuanticos con la materia viva
  • Oceanografía Física
  • Oceanografía Xeolóxica
  • Teledetección
  • Redes de observación
  • Impacto sobre a costa, hidrografía e dinámica dos océanos
  • Impacto sobre a biodiversidade
  • Impacto sobre as redes tróficas
  • Impacto sobre os recursos explotabeis
  • Avaliación legal e económica do cambio global
  • Investigación nos recursos baseada no coñecemento dos ecosistemas
  • Avaliación do estado ecolóxico dos sistemas oceánicos
  • Avaliación de recursos pesqueiros e marisqueiros
  • Avaliación de recursos xeolóxicos
  • Economía, lexislación e xestión dos recursos mariños
  • Tecnoloxía aplicada á xestión dos recursos
  • Avaliación do impacto da explotación dos recursos
  • Ecoloxía mariña e cultivos
  • Alimentación e nutrición en acuicultura
  • Biotecnia e tecnoloxía aplicadas a acuicultura
  • Benestar animal
  • Biotecnoloxía aplicada á acuicultura
  • Floracións algais nocivas e biotoxinas mariñas
  • Patoloxía e inmunoloxía de organismos en cultivo
  • Economía, lexislación e xestión da acuicultura
  • Xenética e xenómica aplicada á acuicultura
  • Novos produtos de orixe mariña
  • Trazabilidade, calidade e seguridade dos alimentos mariños
  • Mercados, redes comerciais e valorización de productos do mar
  • Obtención, xestión e valorización de subproductos mariños
  • Modelización hidrodinámica e física de sistemas litorais e augas de transición
  • Xeoloxía costeira
  • Modelización do transporte sedimentario en sistemas fluviais e litorais
  • Fluxos de materias a través de fronteiras
  • Biodiversidade e ecoloxía litoral
  • Contaminación e impactos ambientais
  • Diagnóstico e resposta dos ecosistemas costeiros fronte ao cambio climático
  • Avaliación legal e económica dos ecosistemas costeiros e dos impactos ambientais
  • Análise e avaliación ambiental
  • Planificación espacial do litoral. Ordenación integral de zonas costeiras
  • Actividade económica costeira: avaliación e sustentabilidade
  • Gobernanza do medio mariño e costeiro, integración de políticas públicas terrestres e mariñas e responsabilidade social
  • Reservas mariñas
  • Uso turístico sostible do litoral
  • Sociedade e Patrimonio: Historia, poboación e conservación
  • Estructuras de protección costeira: tipoloxías de rompeolas e pantallas
  • Xestión integrada da zona costeira, recuperación e estructuras de protección
  • Recuperación de zonas costeiras. Praias e sistemas dunares, estratexias de xestión de sedimento e dragados
  • Seguridade, risco e responsabilidade
  • Organización dos dispositivos públicos de resposta ás crises
  • Deseño de obras marítimas, costeiras e portuarias
  • Proxectos, loxísticas e seguridade nas instalacións portuarias
  • Gobernanza en portos e actividade marítimas
  • Economía da enerxía. Regulación. Política Enerxética
  • Comunicacións , control e sinalización no mar
  • Eficiencia enerxética
  • Sistemas de abastecemento de enerxía eléctrica
  • Enerxías alternativas
  • Transporte marítimo, plataformas loxísticas e intermodalidade
  • Xestión da Empresa Marítima. Dereito de sociedades
  • Redes de coñecemento e innovación en actividades marítimas
  • Recursos humans en actividades marítimas. Dereito Laboral
  • Avaliación financeira e planificación
  • Mercado e relacións internacionais na empresa marítima
  • Competitividade e sostenibilidade
  • Oceanografía Química
  • Oceanografía Biolóxica
  • Impacto sobre os ciclos bioxeoquímicos
  • Equipamentos e sensores
  • Proxectos e deseño de obras marítimas. Loxística e seguridade
  • Gobernanza en portos e actividades marítimas
  • Comunicacións, control e sinalización no mar
  • Transporte marítimo, plataformas loxísticas e intermodalidade
  • Xestión da empresa marítima. Dereito de sociedades. Mercado e relacións internacionais
  • Recursos humanos en actividades marítimas
  • Avaliación financieira e planificación
  • Competitividade e sustentabilidade. Redes de coñecemento e innovación en actividades marítimas
  • Enerxías alternativas
  • Sistemas de abastecemento de enerxía eléctrica
  • Economía e eficiencia enerxética. Regulación. Política enerxética

 

Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa     Indicadores UVigo