Información xeral
Modalidade: Presencial
Área de coñecemento: Ciencias da Saúde
Duración: 4 anos académicos
Número de prazas: 20 (UVigo)
Campus: Campus de Vigo
Coordinación
Coordinación do título:
Federico Mallo Ferrer
Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento
Información administrativa:
Implantación
Código RUCT: 5600536
Data de verificación: 25/09/2013
Data de publicación no DOG: 20/12/2013
Data de publicación no BOE: 11/03/2014
Data de acreditación: 22/06/2021
Programa interuniversitario
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidades participantes:
Universidade de Santiago de Compostela | Universidade de Vigo
Descrición
A demanda de formación neste Programa de Doutoramento mantense de forma constante durante os máis de 25 anos da súa existencia, o que acredita o seu interese na nosa contorna universitaria. Isto xustificase porque no Programa abordanse temáticas de gran relevancia socioeconómica e sanitaria. A modo de exemplo, hoxe existe consenso en que a obesidade e as súas complicacións como a diabete, as enfermidades cardiovasculares e as osteo-articulares, representan un dos desafíos máis importantes aos que se enfrontan os sistemas nacionais de saúde e a sociedade occidental en xeral.
Liñas de investigación
- Endocrinoloxía clínica e Nutrición
- Neoplasia e Endocrinoloxía celular
- Neuroendocrinoloxía, Obesidade e Metabolismo
Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa Indicadores UVigo