Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información xeral

Modalidade: Presencial

Área de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas

Duración: 4 anos académicos

Número de prazas: 20

Campus: Campus de Pontevedra

Coordinación

Coordinación do título:
María Ángeles Cancela Carral

Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento

Información administrativa:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Implantación

Código RUCT: 5601317

Data de verificación: 08/05/2017

Data de publicación no DOG: 14/07/2017

Data de publicación no BOE: 24/10/2017

Data de acreditación: 07/05/2024

 

Descrición

O programa de doutoramento en “Creatividade e innovación social e sustentable” é unha iniciativa institucional do campus de especialización de Pontevedra, Campus CREA, da Universidade de Vigo, que pretende reforzar a contribución da universidade a liñas prioritarias e retos sociais e globais establecidos, no ámbito da saúde, do medio, da comunicación, da educación e cultura e da gobernanza desde un enfoque transversal.

Está deseñado como un programa innovador, de carácter transversal, que busca estudar e aplicar solucións creativas aos desafíos da sociedade actual desde diferentes ámbitos, explorar novas formas de innovación e, á súa vez, entender o modo en que se desenvolven, conseguen os seus fins ou fracasan.

Liñas de investigación

  • Innovación e sustentabilidade dos recursos naturais
  • Innovación en saúde
  • Deseño e innovación social
  • Innovación, sustentabilidade e comunicación
  • Innovación pedagóxica na profesionalización docente
  • Gobernanza e innovación

 

Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa     Indicadores