Información xeral
Modalidade: Presencial
Área de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Duración: 4 anos académicos
Número de prazas: 4 (UVigo)
Campus: Campus de Ourense
Coordinación
Coordinación do título:
José María Failde Garrido
Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento
Información administrativa:
Implantación
Código RUCT: 5601468
Data de verificación: 22/06/2021
Data de publicación no DOG: 10/08/2022
Data de publicación no BOE: 21/10/2022
Data de acreditación:
Programa interuniversitario
Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo
Universidades participantes:
Universidade da Coruña | Universidade de Santiago de Compostela | Universidade de Vigo | Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro | Universidade do Porto
Descrición
Este programa de doutoramento ofrece un espazo de formación avanzada no ámbito dos estudos sobre o envellecemento demográfico e a lonxevidade a través da lente científica das Ciencias Sociais. Neste sentido, preséntase como un ciclo de estudos que engade diferentes áreas disciplinares, buscando capitalizar as súas semellanzas, pero tamén as súas diferenzas, nun enfoque centrado nas complementariedades que se asumen como fundamentais para a comprensión dun fenómeno multidimensional como o envellecemento demográfico e a lonxevidade.
Liñas de investigación
- Envellecemento poblacional: Aspectos demográficos
- Calidade de vida e envellecemento activo
- Diversidade funcional no envellecemento, innovación social e tecnolóxica
- Xénero. Desigualdades sociais e envellecemento
- Impacto socioeconómico do envellecemento, organización social dos coidados e políticas públicas
Memoria oficial Páxina web Accede ao programa Matriculate no programa Indicadores UVigo