Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información xeral

Modalidade: Presencial

Área de coñecemento: Ciencias

Duración: 4 anos académicos

Número de prazas: 25 (UVigo)

Campus: Campus de Ourense

Coordinación

Coordinación do título:
Raquel Olalla Nieto Muñiz

Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento

Información administrativa:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Implantación

Código RUCT: 5601318

Data de verificación: 08/05/2017

Data de publicación no DOG: 14/07/2017

Data de publicación no BOE: 24/10/2017

Data de acreditación: 07/05/2024

 

Descrición

O Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento enmarcase como unha das liñas de orientación estratéxica do Campus da Auga (Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 21 de novembro de 2013, polo que se autoriza o comezo do proceso de especialización da Universidade de Vigo, do Campus da Auga no campus de Ourense e Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a implantación e desenvolvemento do Plan Estratéxico, de 14 de marzo de 2014).

O programa ten en conta as seis áreas de especialización que aglutina –Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación-, e que se integran en tres bloques temáticos de investigación: auga, sustentabilidade e desenvolvemento.

Liñas de investigación

  • Réxime xurídico da auga
  • Calidade da auga e os seus ecosistemas
  • Investigación e aplicacións das augas e augas termais
  • Turismo, patrimonio cultural e auga
  • Réxime xurídico do medio ambiente e a súa sustentabilidade
  • Produción primaria sostible
  • Xestión sostible
  • O cambio climático e os recursos hídricos
  • Dereito, TIC ou desenvolvemento
  • Alimentación e desenvolvemento
  • Desenvolvemento turístico asociado ao patrimonio e a saúde

 

Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa     Indicadores