Información xeral
Modalidade: Presencial
Área de coñecemento: Ciencias
Duración: 4 anos académicos
Número de prazas: 18
Campus: Campus de Ourense
Coordinación
Coordinación do título:
Sin-Yeon Kim
Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento
Información administrativa:
Implantación
Código RUCT: 5600864
Data de verificación: 11/12/2013
Data de publicación no DOG: 31/01/2014
Data de publicación no BOE: 11/03/2014
Data de acreditación:
Descrición
O Programa de Doutoramento en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais (ETUSIA) proposto pola Universidade de Vigo pretende contribuír a encher un espazo baleiro ata o momento que inclúe ás liñas de investigación nas que se relacionan o solo e os organismos vivos, cunha especial incidencia nas relacións solo-planta.
No programa proposto combínase o potencial dos grupos participantes noutros programas de doutoramento previos; en particular, oito membros do equipo da Universidade de Vigo proceden do Programa de Doutoramento en Tecnoloxía Ambiental desa universidade, distinguido a partir do curso 2006/07 coas mencións de calidade e cara á excelencia do Ministerio de Educación.
Liñas de investigación
- Bioloxía e ecoloxía do chan e das augas continentais. Degradación física, química e biolóxica e rehabilitación
- Ecofisioloxía vexetal, alelopatía e estudo da resposta ao estrés
- Conservación e xestión da biodiversidade
- Ecoloxía evolutiva e de poboacións
- Mellora da produción vexetal
- Cambio global dende o Antropoceno
Memoria oficial Páxina web Accede ao programa Matriculate no programa Indicadores