Información xeral
Modalidade: Presencial
Área de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Duración: 4 anos académicos
Número de prazas: 12
Campus: Campus de Vigo
Coordinación
Coordinación do título:
Esther María Pillado González
Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento
Información administrativa:
Implantación
Código RUCT: 5600871
Data de verificación: 11/12/2013
Data de publicación no DOG: 31/01/2014
Data de publicación no BOE: 11/03/2014
Data de acreditación: 22/06/2021
Descrición
O Programa de Doutoramento en Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica pola Universidade de Vigo é un programa de doutoramento de carácter multidisciplinar rexido polo RD 99/2011, de 28 de xaneiro, que se oferta desde o curso académico 2013/2014.
Inclúe liñas de investigación do ámbito xurídico, psicolóxico e socieducativo; e por iso, está particularmente dirixido a persoas graduadas no ámbito das ciencias sociais e xurídicas, entre os que teñen preferencia as persoas tituladas en Dereito, Psicoloxía, Traballo Social, Socioloxía e Educación.
Liñas de investigación
- Dereitos fundamentais do menor
- Protección do menor en situación de risco e desamparo no ámbito nacional e internacional
- Reinserción do menor en conflito coa lei penal
- O dereito de familia dende unha perspectiva nacional e internacional
- Servizos Públicos e Estado Social
- Solución extraxudicial de conflitos no ámbito administrativo
- Resolución de conflitos no ámbito internacional
- Protección dos dereitos do cidadán na sociedade da información
- Resolución de conflitos a través do proceso e outros métodos alternativos. Xustiza Terapéutica
- Psicoloxía xurídica do menor
- Psicoloxía xurídica da familia
- Xénero e Igualdade
- Intervención social con menores e familia
- Xustiza Terapéutica
- Configuración social dos menores en situación de risco e conflito
Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa Indicadores