Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información xeral

Modalidade: Presencial

Área de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura

Duración: 4 anos académicos

Número de prazas: 10

Campus: Campus de Vigo

Coordinación

Coordinación do título:
Fernando Antonio Aguado Agelet

Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento

Información administrativa:
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Implantación

Código RUCT: 5600869

Data de verificación: 25/09/2013

Data de publicación no DOG: 20/12/2013

Data de publicación no BOE: 12/06/2014

Data de acreditación:

Programa interuniversitario

Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo

Universidades participantes:
Universidad de Extremadura | Universidade de Vigo

 

Descrición

O programa de doutoramento responde a unha demanda do sistema de I+D+i tanto nacional como internacional, como é a de profesionais formados nos campos das tecnoloxías de aplicación aeroespacial, incluíndo as comunicacións por radio, integración de sistemas, así coma as enxeñarías electromagnética, mecánica, electrónica e informática.

O programa de doutoramento, configúrase agora polo tanto como unha conxunción de varios equipos de investigación cun obxectivo común, o desenvolvemento de tecnoloxía susceptible de ser empregada en proxectos aeroespaciais. Trátase dun ámbito formativo que pode considerarse estratéxico para a Universidade de Vigo, e que permite estender cara ao doutoramento o proxecto formativo en tecnoloxía espacial que se iniciou co lanzamento de Xatcobeo, o primeiro satélite galego, á vez que se orientan nun mesmo obxectivo diferentes grupos con gran experiencia previa en formación de doutoramento, como demostra o lanzamento recente dos satélites HUMSAT-D, SERPENS e LUME 1.

A relevancia destes desenvolvementos tecnolóxicos radica non só na súa posible aplicación aeroespacial, senón tamén noutros campos de aplicación que xorden na industria en sectores tan variados como as telecomunicacións, a automoción, o sector naval, as aplicacións biomédicas ou novos sistemas de produción industrial. Deste xeito, o presente doutoramento é unha excelente oportunidade para incorporar ao tecido industrial un novo perfil de profesionais cunha alta formación específica.

Liñas de investigación

  • Análise e deseño avanzado de antenas de apertura e arrays
  • Dependencia espacial e predicción Kriging
  • Tecnoloxías de radar: sección recta, formación de imáxenes e problemas inversos
  • Tecnoloxías de THz: generación, radiación, dispersión e detección
  • Supercomputación electromagnética e a sua aplicación a caracterización e deseño de nanoantenas, metamateriais e dispositivos plasmónicos
  • Tecnoloxías avanzadas de Comunicacións Ópticas:dispositivos, sistemas e redes
  • Tecnoloxías cuánticas para comunicacións
  • Modelado de canle radio
  • Análise e deseño de circuitos de mircoondas e ondas milimétricas
  • Exposición a campos electromágneticos
  • Ensaios non destrutivos
  • Tecnoloxías informáticas:Computación Paralela e distribuida. Computación Evolutiva e Bioinspirada.Optimización Multiobxectivo
  • Computación reconfigurable e empotrada. Redes de sensores inalámbricas
  • Enxeñaría de Sistemas Espaciais, AIV, Operación, Propulsión e Segmento Terreo
  • Ensaios sobre vehículos compoñentes e Pezas
  • Medición, pegado e optimización de fibra de carbono
  • Realización de cálculos FEM sobre aceiro, fibra e materiais compostos
  • Análise tomográfico
  • Fiabilidade de sistemas electrónicos
  • Sensores
  • Convertedores electrónicos de potencia
  • Enxeñaría de Software Aeroespacial

 

Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa     Indicadores UVigo