Información xeral
Modalidade: Presencial
Área de coñecemento: Ciencias da Saúde
Duración: 4 anos académicos
Número de prazas: 10 (UVigo)
Campus: Campus de Pontevedra
Coordinación
Coordinación do título:
María Elena Padín Iruegas
Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento
Información administrativa:
Implantación
Código RUCT: 5601641
Data de verificación: 18/07/2025
Data de publicación no DOG: 12/08/2025
Data de publicación no BOE: 01/10/2025
Data de acreditación:
Descrición
O programa de Doutoramento en Investigación Sanitaria xorde, na Universidade de Vigo, co obxectivo de proporcionar a persoas investigadoras e profesionais do ámbito unha formación de calidade en áreas de especial relevancia para a atención sanitaria. Este programa nace co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación que se constatan no Sistema Universitario de Galicia (SUG). O Programa de Doutoramento potencia os estudos a nivel de posgraduado e promove a formación en investigación de estudantes no ámbito das Ciencias da Saúde.
É o primeiro programa, na Universidade de Vigo, en acoller a persoas tituladas de Ciencias da Saúde que desexen continuar os estudos superiores, estando, ademais, directamente relacionado con titulacións de mestrado que xa se imparten na devandita Universidade, promovendo a investigación traslacional e a innovación, no ámbito sanitario, garantindo, así, a aplicación efectiva dos resultados de investigación en termos de beneficios para a saúde da cidadanía.
Liñas de investigación
- Exercicio terapéutico, especialidades clínicas e saúde e proceso de envellecemento saudable
- Anatomía, fisioloxía e biomecánica humana
- Saúde pública e comunitaria, xestión sanitaria, prevención e cuidados sanitarios
- Saúde mental, calidade de vida, xénero e innovación en educación e saúde
Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa