Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información xeral

Modalidade: Presencial

Área de coñecemento: Artes e Humanidades

Duración: 4 anos académicos

Número de prazas: 10

Campus: Campus de Pontevedra

Coordinación

Coordinación do título:
Ignacio Fernando Barcia Rodríguez

Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento

Información administrativa:
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Implantación

Código RUCT: 5600889

Data de verificación: 25/09/2013

Data de publicación no DOG: 20/12/2013

Data de publicación no BOE: 11/03/2014

Data de acreditación: 22/06/2021

 

Descrición

A creación artística é unha actividade xeradora de coñecemento, cunhas esixencias metodolóxicas propias que atenden á produción, o análise e a interpretación artísticas, axuntando creación e investigación.

A integración da produción artística no contexto cultural é a que permite unha rexeneración das capacidades simbólicas, así como a permanente reelaboración dos parámetros estéticos que a constitúen, contribuíndo e influíndo na maneira de percibir, sentir e conceptualizar os valores que rexen nunha sociedade.

Os contextos sociais na terceira cultura implican unha interrelación moito máis sistémica. Iso precisa a incorporación ao noso contexto cultural de suxeitos altamente responsables, creativos e con gran capacidade de análise da contorna.

O ensino e investigación artísticas han de entenderse como unhas actividades interdisciplinares que poñen en xogo os recursos perceptivos, emocionais e conceptuais que incumben ao cidadán, procurando un maior e mellor nivel cultural, unha integración nos contextos, un coñecemento responsable para contribuír ao enriquecemento do patrimonio cultural e á súa transmisión.

Neste novo contexto, a figura do/a artista como profesional ou investigador/a, integrado en equipos interdisciplinares, perfílase como unha das máis sólidas saídas profesionais.

Liñas de investigación

  • Modelos relacionales na investigación artística
  • Gnoseoloxía da arte. A escultura como saber. A arte nas sociedades do coñecemento
  • Creación, investigación, coñecemento, produción, difusión e xestión na arte contemporánea.
  • Procesos de creación e investigación: Aproximación a unha epistemoloxía da arte. Posta en escena de relatos espacio temporais complexos. Escultura e instalación. Arte e espazo público.
  • Arte e antropoloxía
  • Imaxe mental. Imaxes mentais e creatividade
  • Poéticas do proceso; evolución e complexidade Los dispositivos de reprodución dende o trinomio arte, ciencia e tecnoloxía. Estratexias diverxentes na práctica artística contemporánea
  • A dimensión escultórica das prácticas artísticas: Procesos de materialización e visualización. Situacións de alteridade. Espacialidad.
  • Formas de procesar. A idea de proceso como acto creativo
  • O funcionamento das linguaxes artísticas nos seus procesos de creación
  • Identidades non normativas
  • Identidades periféricas. Prácticas artísticas non objetuales, prácticas artísticas derivadas de cultura e mercado GLBT, práctica artística e muller, masculinidades
  • Miradas e invención de identidades
  • Arte e identidade
  • Imperfeccións na memoria. A vaguidade de ver. Produción de autobiografías e biografías axenas dende a representación artística e a escritura. Obras de anónima factura.
  • Pintura no campo expandido. Aperturas e derivas da pintura contemporánea.
  • Aperturas e derivas na pintura contemporánea. Relación Pintura, cine, ilustración e animación.
  • A utilización de procedementos e técnicas alleas á corrente dominante da historia da arte e a tradición artística, a revisión dos xéneros e categorias
  • Fronteira e desbordamentos entre xéneros e medios
  • Negación da representación
  • A reciprocidade do apropiacionismo simbólico no declive da arte contemporánea española
  • Fotografía creativa contemporánea. Fotografía histórica galega.
  • Arquivo, site specific, working progress
  • Arte e Arquitectura. Arte e espazo social.
  • Debuxo e gráfica contemporánea
  • Pintura contemporánea. Percorridos urbanos.
  • Gráfica contemporánea de campo expandido e arte múltiple
  • Orixinal, copia, imitación, plaxio
  • Arte gráfica. Múltiple e transformación.
  • O retrato imposible. Fotografía e corpo
  • Vestir o corpo. Narrativas na arte contemporánea
  • Proxectos de arte de acción que utilicen o corpo, o tempo e o espazo como ferramentas fundamentais.
  • Creación, investigación, coñecemento, produción, difusión e xestión na arte contemporánea. Arte e xénero. Corpo e escultura.
  • Estudos sobre a produción cultural en Galicia. Políticas culturais aplicadas.
  • Creación, investigación, coñecemento, produción, difusión e xestión na arte contemporáneo.Historia e crítica da arte. Arte pública.
  • Hª da arte contemporánea Proyectos expositivos. As marxes da modernidade: Interrelación entre arte, deseño e moda. Hª da arquitectura contemporánea: Espectáculo e posmodernidade
  • Historia do deseño e a Tipografía

 

Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa     Indicadores