Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información xeral

Modalidade: Presencial

Área de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura

Duración: 4 anos académicos

Número de prazas: 8

Campus: Campus de Ourense

Coordinación

Coordinación do título:
Arno Formella

Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento

Información administrativa:
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Implantación

Código RUCT: 5600875

Data de verificación: 25/09/2013

Data de publicación no DOG: 20/12/2013

Data de publicación no BOE: 11/03/2014

Data de acreditación: 21/11/2022

 

Descrición

Nos últimos anos as solucións que achegan os denominados “Sistemas Software Intelixentes” e a “adaptabilidade” adquiriron unha crecente importancia dentro das solucións que se ofrecen aos problemas reais da nova Sociedade da Información.

En particular cabe destacar a presenza de novas liñas de investigación e transferencia á sociedade baseadas no que podemos denominar como Obxectos Intelixentes (presentes en áreas como a Bioinformática, Telefonía, Smart Road, Smart Grid, Xogos, Simulación, …) e cuxo funcionamento non tería sentido sen os contidos que se ofertan na proposta de formación do programa ao estudantado, cun poder de transferencia ao tecido empresarial (particularmente ao galego) que se pon de manifesto nos proxectos achegados polos grupos de investigación que sustentan a proposta.

Liñas de investigación

  • Procesamento da linguaxe natural
  • Minería de datos
  • Visión artificial
  • Enxeñería software orientada a axentes
  • Informática aplicada
  • Coñecemento e información
  • e-Learning
  • Bioinformatics
  • Interacción e multimedia

 

Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa     Indicadores