Información xeral
Modalidade: Presencial
Área de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Duración: 3 anos académicos
Número de prazas: 10
Campus: Campus de Ourense
Coordinación
Coordinación do título:
José Antonio Fraiz Brea
Centro de adscrición:
Escola Internacional de Doutoramento
Información administrativa:
Implantación
Código RUCT: 5601390
Data de verificación: 18/05/2020
Data de publicación no DOG: 01/07/2020
Data de publicación no BOE: 22/01/2021
Data de acreditación:
Programa interuniversitario
Universidade coordinadora:
Universidade de Malaga
Universidades participantes:
Universidade de Alicante | Universidade de Estremadura | Universidade de Cádiz | Universidade de Santiago de Compostela | Universidade Complutense de Madrid | Universidade de Malaga | Universidade de La Laguna | Universidade de Sevilla | Universidade de Vigo | Universidade Antonio de Nebrija | Universidade Rey Juan Carlos | Universitat Oberta de Catalunya
Descrición
O turismo tense consolidado como un dos sectores máis relevantes desde o punto de vista económico e social, non so en España senón tamén a nivel mundial. No contexto das disciplinas de carácter social, o turismo é un obxecto de coñecemento interdisciplinar que abrangue un amplo abano de actividades desenvolvidas por empresas privadas e institucións públicas, con impacto sobre a vida das persoas, tanto residentes como visitantes.
Este programa de doutoramento achega dúas singulariedades que o fan especialmente atractivo: a participación de 12 universidades españolas cunha dilatada traxectoria nos estudos turísticos, creando sinerxias e estímulos para o estudantado; e o carácter interdisciplinar coa implicación activa de numerosas áreas de coñecemento que contribúen a enriquecer o Programa a través dunha variada oferta de liñas de investigación.
Liñas de investigación
- Planificación e xestión de destinos turísticos, turismo e sociedade
- Análise económica do sector turístico
- Xestión e innovación en organizacións turísticas
- Turismo e patrimonio
- Intelixencia no ámbito turístico. TICs e análise de datos
Memoria oficial Páxina web propia Accede ao programa Matriculate no programa Indicadores UVigo Indicadores PD