Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

O curso pasado concedéronse 37 bolsas para fin de grao, 23 para fin de mestrado e catro para teses

A presenza do galego no eido da investigación e a ciencia é escaso e para mudar esa situación son precisas de medidas de apoio, fomento e impulso ao uso da lingua propia neste eido. Entre outras iniciativas, a Universidade de Vigo conta cunha liña de axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento, traballos de fin de grao e de mestrado. Ao abeiro desta convocatoria, o curso pasado concedéronse 37 bolsas para traballos de fin de grao, 23 para traballos de fin de mestrado e catro para teses de doutoramento. 

As persoas interesadas en concorrer a estas axudas impulsadas pola Área de Normalización Lingüística xa teñen aberto o prazo da nova convocatoria, para investigacións presentadas na Universidade de Vigo entre o 16 de setembro de 2024 e o 15 de setembro de 2025. Como vén sendo habitual, quedan excluídos os traballos fin de grao de Ciencias da Linguaxe e Estudos literarios (módulo de lingua galega); Tradución e Interpretación (galego-inglés) e Tradución e Interpretación (galego-francés).

En total repartiranse 12.000 euros, 600 euros para os autores e autoras das mellores teses e 150 para os TFG e os TFM. Trátase non só de incentivar o uso do galego nos traballos académicos, senón tamén de premiar o esforzo e o rigor de darlle un tratamento coidadoso á lingua incrementando así o patrimonio dos textos redactados.

 

Ler a nova completa no DUVI