Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

O Campus Auga abre unha nova liña de axudas propias. Trátase de axudas de mobilidade para o persoal investigador asociado a este proxecto de especialización do campus de Ourense. O obxectivo desta iniciativa é contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da actividade investigadora deste colectivo relacionada coas liñas estratéxicas do Campus Auga, que son alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión da auga termal.

A mobilidade de persoal investigador do Campus Auga é unha acción que se desenvolve no marco do financiamento do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga de Ourense (2024-2027). A iniciativa lanzada agora ten como obxecto financiar parcialmente as estadías en centros de investigación do persoal investigador que cumpra os requisitos requiridos. O importe de cada axuda concedida será de ata un máximo de 3000 euros, segundo o destino elixido. 

 

Ler a nova completa no DUVI