Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Co obxectivo principal de “crear un foro dinámico para a discusión científica interdisciplinar en Química Analítica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Nutrición”, como sinala o catedrático do Departamento de Química Analítica e Alimentaria da UVigo Jesús Simal-Gándara, Citexvi acollerá o 28 de novembro o II Agri-Enviromental and Food Research Symposium. No transcurso do simposio, que “busca ser un catalizador para o avance científico a través do debate rigoroso e a crítica construtiva”, un total de 24 estudantes de doutoramento do Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias da UVigo (AA1) presentarán os seus traballos, articulados arredor de catro eixos principais. 

“O primeiro aborda a identificación e avaliación de compostos bioactivos de fontes naturais, como algas, plantas medicinais ou coprodutos agroalimentarios. O segundo eixo emprega modelos biolóxicos, como D. Melanogaster, C. elegans, ou cultivos celulares, para validar efectos antioxidantes, inmunomoduladores ou antiobesidade. Un terceiro pilar aplica técnicas analíticas de vangarda (GC/LC-MS) e modelado computacional (Machine Learning) para a caracterización e cuantificación de contaminantes e nutracéuticos e finalmente, un cuarto eixo explora mecanismos fisiolóxicos, como a epixenética transxeneracional ou a ferroptose inducida por fitoquímicos, ofrecendo unha visión biomecánica do seu impacto na saúde”, detalla Simal.

Ler a nova completa no DUVI