Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Persoal técnico da Axencia Galega de Innovación, Gain, visitou esta semana a Universidade de Vigo para presentar a nova convocatoria de axudas para o programa de doutoramentos industriais, unha iniciativa dirixida a financiar o desenvolvemento de teses de doutoramento no ámbito empresarial, baseadas en proxectos de investigación e que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía e algunha das universidades do Sistema Universitario Galego.

O encontro levouse a cabo no edificio Redeiras e contou coa participación, por parte da Universidade de Vigo, de Antonio Collazo, director da Escola Internacional de Doutoramento, Eido, e Daniel Villanueva, director do Campus Vigo Tecnolóxico; mentres que por parte de GAIN foron Antonio Ferreiro, xefe de sección da Área de Talento e Transferencia, e David López os encargados de debullar os detalles da nova convocatoria,  publicada hoxe venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) e da que mañá sábado se abrirá o prazo de solicitudes. 

Ler a nova completa no DUVI